Participa na Grande Elección do Komic Favorito do ano 2013

Komic Librería: Grande Elección Komic Favorito 2013


Vaise achegando o final dun ano que nos deixou un montón de novidades interesantes e moi bos tebeos. Como xa fixemos o ano pasado, dende Komic Librería invitámosvos a elixir o KOMIC FAVORITO 2013.

Tras darlle moitas voltas, preseleccionamos 8 cómics para que, ata o luns 23 de decembro, poidades votar por algún deles.

Participar é moi sinxelo:

1) Pulsa aquí para acceder á enquisa.
2) Vota por un dos 8 cómics da lista.


Komic Favorito 2013 - títulos seleccionados

A continuación presentámosvos os 8 cómics que seleccionamos de entre todos os publicados este ano. Cos vosos votos, un deles será elixido KOMIC FAVORITO 2013.


División AzulDivisión Azul
Fran Jaraba
De Ponent

Unha historia de espionaxe na Segunda Guerra Mundial protagonizada por Santi, un rapaz galego que terá que alistarse na División Azul para levar a cabo unha vital misión nesta ficción histórica fondamente documentada.

Ler reseña >
Votar >


El cuentacuentosEl cuentacuentos
Zidrou / Beuchot
La Cúpula

A importancia de ser fiel a un mesmo e a necesidade humana de contar e escoitar historias son os fíos principais desta marabillosa fábula ambientada en África, escrita cunha gran sensibilidade e debuxada cunha enorme calidez.

Ler reseña >
Votar >


Castelao. Maís alá!Castelao. Maís alá!
Inacio / Iván Suárez
Demo Editorial / Komic Librería

Terceiro volume da biografía gráfica de Castelao, desta volta o eixo argumental é a súa concepción artística, situándoo á volta da súa estadía en París no ano 1921.


Ler reseña >
Votar >


El mono de HartlepoolEl mono de Hartlepool
Lugano / Moreau
Dibbuks

Divertida e orixinal historia baseada en feitos reais. Nas Guerras Napoleónicas un barco de guerra francés naufraga fronte as costas do norte de Inglaterra, e o único supervivente é a mascota do navío: un chimpancé vestido con uniforme militar galo que será considerado un espía polos nativos de Hartlepool.

Ler reseña >
Votar >


BeowulfBeowulf
Santiago García / David Rubín
Astiberri

Espectacular adaptación do poema épico anglosaxón, acción en estado puro nun álbum que impacta xa dende a súa portada.


Ler reseña >
Votar >


ConspiracionesConspiraciones
José Domingo
Astiberri

Unha divertida e interesante reflexión sobre as teorías conspiranoides, onde o misterioso Profesor Domenikus presenta as diversas sociedades secretas que exercen o seu goberno na sombra.

Ler reseña >
Votar >


Érase una vez en FranciaÉrase una vez en Francia (Obra completa)
Nury / Vallée
Norma

Fabulosa mestura do xénero policíaco e bélico nesta saga de tres tomos ambientada no París ocupado polos nazis.

Ler reseña >
Votar >


Papel estrujadoPapel estrujado
Nadar
Astiberri

Sorprendente primeira obra dun autor que vai dar moito que falar.  Varios personaxes que se entrecruzan sutilmente nunha historia costumista e de ritmo narrativo impecable.

Ler reseña >
Votar >


Esperamos os vosos votos para elixir o KOMIC FAVORITO 2013: grazas por participar!