Top 12 de Komic Librería: Selección especial Día das Letras Galegas 2015

Top 12 de Komic Librería: Día das Letras Galegas 2015


En Komic Librería somos dos que pensan que o Día das Letras Galegas deben de ser todos os días, pero que non está mal celebrar e festexar a nosa literatura, e que o mellor xeito de facelo, por suposto, é lendo. O pasado ano propuxémosvos unha serie de recomendacións axeitadas para moi diversos tipos de lectores. Nesta ocasión, e como estes últimos meses foron realmente prolíficos na banda deseñada galega, ofrecémosvos doce títulos, un para cada mes do ano, de letras galegas enmarcadas en viñetas.

Non queremos esquecer outras opcións, como as obras de autores e autoras da terra aparecidas en castelán ou sen texto (Bella muerte, Episodios lunares, Nordés, Griza Zono, El momento de Aurora West, Perlas del infierno, etc), o ediciones en nuestra lengua de autores extranjeros (Comics desde Hicksville, Cidade de cristal).

Así pois, aquí vos deixamos co noso Top 12 de bd galega en galego, e aproveitamos para lembraros que, o domingo 17 de maio, estaremos na Praza do Toural (Santiago de Compostela) en horario ininterrompido de 10:00 a 20:30 horas. No noso posto, Iván Suárez asinará exemplares de Atila de 12:00 a 14:00 horas, e Tomás Guerrero de A deserción de Stalin de 18:00 a 19:30 horas. Esperámosvos!


12

O misterio do Pico SacroO misterio do Pico Sacro
Rafael Saldaña
Deputación da Coruña

Ler reseña >

Unha intrigante historia de misterio e fantasía, cun aquel sobrenatural, no Santiago dos anos trinta.


11

AbastosAbastos
Abelleira / Colombo / Rivas / Iglesias / Sagar
3 Pintamonas

A presentación desta nova editora compostelá está ambientada precisamente en Santiago, cunha historia de realismo social na que se entrecruzan os esforzos dunha universitaria por seguir a estudar e os problemas dun dos peixeiros da Praza de Abastos por saír adiante coa súa dona discapacitada. Costumismo e gastronomía da man nesta obra escrita por Francisco José Abelleira e debuxada por catro ilustradores distintos.


10

A causa do crimeA causa do crime
Tokio
Demo Editorial

Ler reseña >

Un estupendo thriller con consciencia obreira ambientado no dinámico Vigo dos anos oitenta.



09

A deserción de StalinA deserción de Stalin
Tomás Guerrero
Demo Editorial

Ler reseña >

Divertida e ucrónica historia de espías ambientada en plena Guerra Fría feita polo debutante Tomás Guerrero.


08

Nacho CamachoNacho Camacho
Rodrigo Cota / Jano
Demo Editorial

Ler reseña >

Choramos da risa con esta xenial parodia do macho alfa, onde Jano e Rodrigo fan un fino exercicio de humor contándonos as peripecias dun machote con poucas luces, coas que ridiculizan o machismo da nosa sociedad.


07

Dragoneta! (Marcopola, a illa remeira #3)Dragoneta! (Marcopola, a illa remeira #3)
Jacobo Fernández Serrano
Xerais

A illa que decide viaxar polo mundo adiante vivindo aventuras é un dos personaxes máis queridos e aprezados pol@s komiqueir@s máis cativ@s. Neste terceiro tomo, Marcopola e Libro terán que afrontar o apetito de dous temibles e malvados icebergs coa axuda dun novo personaxe: Dragoneta!


06

O bichero VO bichero V
Luís Davila
Autoeditado

Ler reseña >

Quinto álbum compilatorio da famosa tira gráfica, onde o morracense Davila volve demostrar a súa xenialidade ao aportar unha ollada chea de humor á nosa realidade social e máis á actualidade.


05

Dédalus en CompostelaDédalus en Compostela
Kohell
Deputación de Ourense / Fundación Vicente Risco / BD Banda

Francisco Iglesias, Kohell, todo un ilustre da viñeta galega, adapta con mestría o relato homónimo de Vicente Risco, onde o escritor ourensán e o alter ego de Joyce pasean pola nosa cidade ao tempo que disertan sobre o divino e o humano.


04

Efectiviwonder ComixEfectiviwonder Comics
Dani Xove
Sindicato del Cómic

Ler reseña >

Dende Ourense os nosos colegas de Sindicato del Cómic editaron esta pequena xoia do underground, unha boa mostra do interesantísimo e psicodélico traballo do compostelán Dani Xove, alguén a quen recomendamos seguir moi de preto.


03

Catálogo oneroso de beleza gratuítaCatálogo oneroso de beleza gratuíta
Fran Bueno
Deputación da Coruña

Ler reseña >

Un delicado e marabilloso exercicio de estilo co cal Fran Bueno resultou gañador do Premio Castelao hai dous anos, unha evocadora escolma de cousas fermosas.


02

Destino HërgüssDestino Hërgüss
Manel Cráneo
Demo Editoria

Ler reseña >

Un traxicómico relato de ciencia ficción existencialista situado nun afastado e abraiante planeta, cheo de sorpresas e contado cun debuxo e unhas cores estupendas.


01

Castelao. Atila
Inacio / Iván Suárez
Demo Editorial / Komic Librería

Ler reseña >

Castelao. Atila

Cuarta e agardada entrega da biografía gráfica de Castelao. Nesta ocasión atopamos ao intelectual, artista e político na Barcelona de 1938, pero a súa memoria viaxará ata a súa nenez en Arxentina. Un chanzo máis nunha das obras fundamentais da banda deseñada galega.